Skip to main content

Imperio Inca Índice Territorio, expansión e conquistas | Organización territorial | Política | Cultura | Sociedade | Historia | Véxase tamén | Menú de navegaciónO Imperio Inca na Arxentina (ligazón a www.geocities.com)e20119804027023-3sh85064726ge938744

Incas


civilizaciónsAméricaséculo XIIIséculo XVIculturasAmérica do SurpreincaimperioImperio RomanoRepública do PerúCuzcoquechuarunasimipuquiñaincasimietnia1532ColombiaEcuadorPerúBoliviaChileArxentinaOcéano PacíficoPachacútecTúpac Yupanquirío AncasmaioPastoColombiaselva amazónicaPerúBoliviaselvacordilleira dos AndesxeopolíticaSaltaTucumánArxentinarío BiobíoChilearaucanosSantiago de ChileOcéano PacíficoPolinesiaOceaníadifusionistanorueguésThor HeyerdahlTahuantinsuioétnicomonárquicoteocráticoterritorialidadeImperio EspañolApu IncaSapa Incacivilización Incaemperadores IncasAtahualpa15321533Tahuantinsuio"Sapa Inca"Atahualpaestadomomiaquipushistoriacapital incaandinaInca Garcilaso da VegaManco CápacTiticacaCuzcoGarcilasoMama OcllofondahuacaouroManco CápacÑustaAñas ColqueÑustaChancasContisuioAntisuioCuzcoChancasCuzcoViracochaChancasChancasChancasIchopampaCuzcoIchopampaChancas










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Imperio Inca




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





































Imperio Inca
Tawantinsuyu (en quechua)








1438–1533


 

 



Expansión do Imperio Inca

Capital

Cuzco

Lingua

Quechua
aimará, puquina, jaqi, mochica e outras linguas.

Relixión

relixión inca

Goberno
Emperador, monarca absoluto

Sapa Inca

 • 1438–1471

Pachacuti
 • 1471–1493

Túpac Yupanqui
 • 1493–1527

Huayna Cápac
 • 1527–1532

Huáscar
 • 1532–1533

Atahualpa

Historia

 • Pachacuti crea Tawantinsuyu
1438
 • Conquista española liderada por Francisco Pizarro

1533

Superficie
 • 1527
2.000.000 km²

Poboación
 • 1527 est.

10.000.000 
     Densidade

5/km²

O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, unha das tres grandes civilizacións de América, que apareceu no século XIII e foi disolto no século XVI. Unificou diversas culturas da América do Sur preinca e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano. A súa historia e cosmovisión, unificadoras de todos os pobos do mundo coñecido, permitiu facer un certo paralelo entre o Imperio Inca e o Imperio Romano pola súa traxectoria cultural e a súa pluralidade.


O seu centro foi o que agora se coñece como a República do Perú e a súa capital o Cuzco, o embigo do mundo. O idioma oficial no Imperio Incaico era o quechua ou runasimi, a lingua dos homes. Sábese, ademais, que entre a nobreza falábase o puquiña como lingua secreta, chamada incasimi por ser o idioma orixinario desta etnia. Máis tarde foi considerada como a lingua dos deuses pola crenza de que a familia real descendía directamente deles.




Índice





  • 1 Territorio, expansión e conquistas


  • 2 Organización territorial


  • 3 Política

    • 3.1 Emperador (Inca)


    • 3.2 Consello Imperial



  • 4 Cultura

    • 4.1 Filosofía comunitaria



  • 5 Sociedade

    • 5.1 As Panacas



  • 6 Historia

    • 6.1 Orixe

      • 6.1.1 Mito de Manco Cápac e Mama Ocllo


      • 6.1.2 Mito dos Irmáns Ayar



    • 6.2 Os Chancas


    • 6.3 Datas importantes



  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Territorio, expansión e conquistas |


O Imperio Incaico abranguía, no seu período de apoxeo (para 1532), unha parte significativa das actuais repúblicas de Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina, con case 9.000 quilómetros de costa sobre o Océano Pacífico e un territorio de máis de 2 millóns de km². Atribúese a máxima expansión aos grandes conquistadores Incas Pachacútec e Túpac Yupanqui.


Para o norte, o Imperio Incaico estendíase ata o río Ancasmaio, ao norte da actual cidade de Pasto (Colombia).


Para o nordeste, estendíase ata a selva amazónica das actuais repúblicas de Perú e Bolivia, chegando a ser moi pouco nítidos os seus límites con esta debido ás esporádicas expedicións de exploración da selva por parte dos habitantes do Imperio.


Para o sueste, o Imperio Incaico chegou a cruzar a cordilleira dos Andes (o que en xeopolítica moderna se coñece como "encabalgarse") chegando un tanto máis aló do que agora son as cidades de Salta e Tucumán na actual Arxentina. O territorio inca da República Arxentina abranguía as actuais provincias de Mendoza, San Juan, San Luis, Córdoba, La Rioja, Catamarca, Tucumán, Santiago del Estero, Salta e Jujui.


Para o sur, existen probas de que o Imperio Incaico chegou a abranguer ata o río Biobío (actual rexión VIII de Chile), e aínda máis aló, onde debido ao frío imperante decidiron non avanzar máis, deixando ese territorio para os araucanos, orixinarios desas terras, a quen os Incas desprazaran desde a súa posición orixinal no que agora é a cidade de Santiago de Chile.


Para o oeste, se ben o Imperio Incaico limitaba co Océano Pacífico, hai quen argumenta que os Incas chegaron a manter, a pesar das limitacións navais da época, certa relación comercial con algún pobo da afastada Polinesia (Oceanía), aínda que actualmente descoñecese cal pobo sería este. Unha das persoas que defendeu esta teoría foi o defunto explorador difusionista noruegués Thor Heyerdahl)



Organización territorial |




Expansión do imperio Inca.


O imperio consistiu en catro grandes rexións (suyos), que formaban no seu conxunto o Tahuantinsuio. Cada suyo estaba a cargo dun suyuyuq, que formaban parte do Concello Imperial.


O grupo Hanan (Alto), composto polos suyos:



  • Chinchaysuio: ao largo da costa de Ecuador e a maior parte da costa do Perú.


  • Collasuio: máis da metade de Chile, oeste da Arxentina, noroeste de Bolivia, e pequena parte ao sueste do Perú.

O grupo Urin (Baixo), composto polos os suyos:



  • Antisuio: ao nordeste, limitando coa selva amazónica.


  • Contisuio: rexión moito máis pequena que as outras tres ao sur do Perú (actuais Arequipa, Moquegua e Tacna).

Cada suyo subdividíase en provincias (huamanis) correspondentes á área de cada grupo étnico. Estes, á súa vez, se subdividían en sayas. Cada saya incluía un número determinado de familias (ayllus).



Política |


O tipo de goberno era monárquico teocrático, no que o emperador recibía o título de Sapa Inca. O criterio de formación do Imperio Inca estaba baseado na territorialidade, o mesmo que posteriormente formou parte da base xurídica do Imperio Español que, en resumidas contas, era unificar as catro grandes partes do mundo coñecido (que é a etimoloxía de Tahuantinsuio, nome da unidade política, equivalente ao Imperio europeo) no embigo do mundo (que é a etimoloxía de Cuzco, a capital).



Emperador (Inca) |



Artigo principal: Emperadores incas.

A estes gobernantes, aos que se lles atribuía unha orixe divina, acostuma asociarlles os títulos de Apu (Apu Inca) e Sapa (Sapa Inca): Divino Inca e Único Inca, respectivamente.


A capaccuna era a lista oficial de gobernantes da civilización Inca. Especulase que existiron máis gobernantes dos que esta acepta e que varios foron borrados da historia oficial do Imperio por distintos motivos, aínda que é improbábel. En total, foron 12 os emperadores Incas.


Contrario ao que se coida, Atahualpa (que gobernou de facto o Imperio Inca entre 1532 e 1533) non forma parte da capaccuna, xa que, a diferenza dos demais emperadores, nunca chegou a cinguir a mascaipacha (coroa imperial), único símbolo de poder imperial no Tahuantinsuio, outorgado polas panacas reais de Cuzco. Por tanto, é impropio chamarlle "Sapa Inca" a Atahualpa, como algunhas veces se titula.



Consello Imperial |


Máximo organismo dedicado á asesoría do Inca. Integrado por oito persoas:



  • Suyuyuq. Gobernadores dos suyos. Eran catro en total.


  • Auqui. O príncipe herdeiro. A tradición do auqui foi instaurada por Pachacútec Inca Yupanqui, sendo así Túpac Inca Yupanqui o primeiro auqui.


  • Huillaq Uma Supremo sacerdote.

  • Un dos Amautas, mestres e formadores da nobreza.


  • Apusquipai. Xeneral do exército imperial.


Cultura |


Poden salientarse unhas características da súa civilización:


  • Organización do goberno.

  • Sistema de contas grazas aos quipus.


  • Redes de comunicación desenvolvidas.

  • Sistema de rega (que se segue copiando noutros países, como China).


  • Agricultura bastante desenvolvida.

  • Avanzada astronomía.


  • Medicina avanzada.


Filosofía comunitaria |


Unha parte das terras cultivadas eran dedicadas ao estado, ao Inca e ás persoas que non podían traballar como os vellos ou minusválidos. Había abundancia de produtos agrícolas como para alimentar cumpridamente todo o Imperio Incaico.



Sociedade |



As Panacas |


As panacas eran descendentes directos dun Inca reinante, excluíndo o sucesor e conservaban a momia do Inca falecido ao igual que as súas memorias, facendo uso de quipus, cantares e pinturas de xeración en xeración.
















Hurin Cuzco
PanacaInca
Chima panaca
Manco Cápac
Raura panacaSinchi Rocha
Awayni panacaLloque Yupanqui
Uscamayta panacaMayta Cápac
Apu Mayta Cápac panacaCápac Yupanqui

Estas panacas reais, formaban, xunto cos ayllus, a elite cuzqueña. Tiveron un rol na política do incanato, sendo as súas alianzas e inimizades cruciais para a historia da capital inca. Dise que houbo outras panacas, as cales tiveron un papel importante en épocas anteriores. Unha nota curiosa sobre das panacas, é que se se lle engaden as panacas tradicionais, obtense un total de 8 panacas por cada dinastía, o cal é un número frecuente na organización andina dos ayllus por ser un múltiplo da dualidade e da cuadriplicación.


















Hanan Cuzco
PanacaInca
Wikak'iraw panacaInca Rocha
Awkaylli panacaYahuar Huaca
Suqsu panacaWiracocha
Hatun aylluPachacútec Inca Yupanqui
Cápac aylluTúpac Yupanqui
Tumipanpa panacaHuayna Cápac


Historia |



Artigo principal: Historia do Imperio Inca.


Orixe |



Mito de Manco Cápac e Mama Ocllo |


Segundo o Inca Garcilaso da Vega, o mito conta que Manco Cápac e Mama Ocllo saíron do lago Titicaca como unha parella divina e foron ao norte no afán de encontrar o vale "escollido". Ao chegar ao cerro Wanakawri (ou Huanacaure), cerca do que sería un día Cuzco. A vara máxica que posuía o primeiro Inca fundiuse no chan. Era o sinal agardado, alí fundarían o Estado. Con esta parella de heroes civilizadores chegaron a orde, a cultura e mailas artes, e era o mesmo Sol o que infundía calor e poder aos seus fillos.


Considerase que este mito puido ser alterado por Garcilaso para ser amosado aos europeos.



Mito dos Irmáns Ayar |


Cóntase que os irmáns Ayar saíron da cova Pacaritambo(Pousada da Produción, Pousada do Amencer ou Casa do Agachamento), no cerro Tambotoco. Este cerro posuía tres ventás:



  • Maras Toco do que proviña o grupo dos maras, os cales foron unha xeración sen pais (pico).


  • Sutic Toco da que procede o grupo de tampus


  • Capac Toco da que saíron 4 irmáns: Ayar Uchu, AyarAuca, Ayar Cachi e Ayar Manco.

Estes catro irmáns estaban acompañados por catro irmás: Mama Ocllo, Mama Huaco, Mama Raua e Mama Ipacura. As catro parellas buscaron polos Andes un lugar propicio para se establecer.


Debido a temores de que Ayar Cachi tiña poderes máxicos (derrubar cerros ca súa fonda ou crear quebradas) os tres irmáns desfixéronse deste convencéndoo que regresase ao Pacaritambo para que trouxera algunhas cousas que lle esqueceran. Unha vez dentro da cova, a entrada foi bloqueada.


Logo de anos de busca, os irmáns chegaron a Quirirmanta en onde celebraron un concello ao pe dun cerro. No concello decidiron que Ayar Uchu ficaría no lugar transformado nunha huaca, que recibiría o nome de Huanacauri. Esta transformación era un xeito de perpetuar a divindade ou sacralizar a unha personaxe, mais deste xeito, transformado en huaca, non podía comunicarse cos outros irmáns seus.


Ao chegar ao pobo de Matagua, Ayar Manco lanzou dúas varas de ouro para o norte, unha caeu en Colcabamba, mais debido á dureza da terra, a vara non se cravou no chan. A outra vara chegou a Guayanaypata. Foi neste lugar onde atoparon resistencia por parte dos seus poboadores, polo que tiveron que tornar a Matagua. Xa en Matagua, Ayar Manco ordenou a Ayar Auca poboar o lugar indicado pola vara. Auca voou para dito lugar, cumprindo a orde do seu irmán. Ao pisar o chan, Ayar Auca converteuse en pedra. Segundo as crenzas andinas, as guancas ou pedras eran indicadores de posesión.


Deste xeito Ayas Auca convértese no primeiro poboador do lugar tan desexado. Ayar Manco pasou a se chamar Manco Cápac



Os Chancas |


Situada entre os ríos Pampas e Pachachacas foi unha das culturas que se impuxo, aínda que non por moito tempo, ao poderío Inca. Lamentabelmente non hai unha data exacta sobre as batallas.


Porén, a máis importante foi documentada por Juan de Betanzos, quen casou coa Ñusta Añas Colque (princesa Inca). Betanzos recolleu cantares da familia da Ñusta. Dise que os Chancas dividironse en 3 grandes bandos, un deles dirixiuse ao Contisuio, liderado por Malma e Irapa. O segundo exército dirixiuse ao Antisuio, guiados por Yá Vilca e Toquelo Vilca. O terceiro bando dirixiuse directamente para Cuzco, conducido por Tumai Waraca e Astu Huaraca. Cando os Chancas chegaron a Vilcacunga, enviaron mensaxeiros a Cuzco facendo saber as súas intencións para cos Incas, ao saber isto, o Inca Viracocha fuxiu para o forte de Caquia Yaquiyaguanta, levando consigo aos seus fillos Urco e Socso.


En Cuzco ficou Cusi Yupanqui (antigo nome de Pachacútec), quen era un suposto fillo de Viracocha. Yupanqui quedou cos seus xenerais e serventes. Pachacútec enviou a 3 emisarios a pedir axuda aos curacas veciños, os cales negaron axuda debido aos temores para os Chancas. A pesar da negativa doutras curacas, a de Chañan Cury Coca axudou a Yupanqui. Xuntos crearon un foxo cuberto de ramas e terra arredor da cidade. Á madrugada seguinte, os Chancas descenderon do cerro Carmenca de súpeto, caendo pouco a pouco na trapa.


Segundo o mito, nun intre crucial da batalla, os purucaucas pasaron de ser simples pedras a feros soldados responsábeis da vitoria dos Incas. A fama foi tal que algunhas curacas xa se rendían só polo temor de ter que se enfrontar a tal inimigo.


Logo da vitoria, Yupanqui perseguiu os seus inimigos para se apoderar do seu estandarte. Os Chancas recuaron ata Ichopampa. Os curacas veciños de Cuzco ficaran no cumio dos cerros próximos á espera do resultado. Ao ver que o exército de Yupanqui iniciaba a persecución, estas curacas uníronse ás forzas vitoriosas. A segunda batalla tivo lugar en Ichopampa, onde os dous xefes Chancas foron asasinados, co que o exército Inca, xunto coas outras curacas veciñas unidas a estes desexosos de vitoria, apoderouse dun valioso motín, e consecuentemente abrindo o paso a un importante desenvolvemento do Imperio Incaico.



Datas importantes |



  • 1250. Data probábel na que os míticos Manco Cápac e Mama Ocllo ocupan o val de Cuzco, e transfórmanse nos primeiros incas.


  • 1438. Cuzco é posta en perigo pola invasión dos chancas, pobos da serra central peruana. O inca en funcións (Huiracocha) renuncia, mais o seu fillo Pachacútec toma o seu lugar e vence en batalla. É o último gran perigo na historia do Imperio Inca.


  • 1463. Absorción do Reino Chimú a mans dos incas. O ámbito andino completo é unificado baixo tutela incaica.


  • 1527. Ao falecemento de Huayna Cápac, a consecución imperial fica entre Atahualpa e Huáscar. Estoupa a guerra civil. Francisco Pizarro, en tanto, aparece polo norte.


  • 1533. Atahualpa vence a Huáscar. Francisco Pizarro captura e executa a Atahualpa. Nos anos seguintes estoupará a rebelión.


  • 1548. Terminan as guerras civís entre españois, e comeza a hexemonía española propiamente dita. Os últimos focos de resistencia incaica serán suprimidos nos anos seguintes (para 1572).


Véxase tamén |



Bibliografía |



  • Gasparini, Graziano & Margolies, Luise (1997). Arquitectura inka. Caracas: Centro de Investigaciones Históricas y Estéticas, Facultad de Arquitectura y Urbanismo, Universidad Central de Venezuela. 


  • Kamen, Henry. Imperio. ISBN 84-03-09316-0. 


  • Marzal, Manuel (2005). Religiones andinas. Colección: Enciclopedia Iberoamericana de Religiones 4. Madrid: Editorial Trotta. ISBN 978-84-8164-711-2. 


  • Ortiz Rescaniere, Alejandro (2006). Mitologías amerindias. Colección: Enciclopedia Iberoamericana de Religiones 5. Madrid: Editorial Trotta. ISBN 978-84-8164-858-4. 


  • Pease. Los últimos incas del Cuzco. 


  • Rostworowski, María. Enciclopedia Temática: Incas. ISBN 9972-752-00-3. 


  • Rostworowski, María (1995). Historia del Tahuantinsuyo. Lima: Instituto de Estudios Peruanos, IEP Ediciones. ISBN 9972-51-029-8. 


  • Rostworowski, María (1997). Pachacutec y la leyenda de los Chancas. Lima: Instituto de Estudios Peruanos, IEP Ediciones. 


  • Rostworowski, María. Historia de los incas. Lima: Prolibro - Asociación Editorial Bruño. 


  • Rowe, John H. (1946). Inca Culture at the Time of the Spanish Conquest. Handbook of South American Indians. Washington, Bureau of South American Ethnology. Bulletin 143, vol.2. 


  • Vargas, Angles. Historia del Cuzco. 


  • Villanueva Sotomayor, Julio R. (2001). El Perú en los tiempos modernos. Lima, Perú: Empresa Periodística Nacional S.A.C. 


  • Von Hagen. Realm of the Incas. 


  • VV. AA. Culturas prehispánicas. Muxica Editores. ISBN 9972-617-10-6. 


  • VV. AA. Historia Universal: América precolombina. Editorial Sol 90. ISBN 9972-891-79-8. 


Outros artigos |


  • Conquista española do Imperio Inca

  • Cuzco

  • Perú


Ligazóns externas |


  • O Imperio Inca na Arxentina (ligazón a www.geocities.com)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imperio_Inca&oldid=4858503"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.480","walltime":"0.576","ppvisitednodes":"value":1583,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":60472,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3251,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 433.375 1 -total"," 33.26% 144.128 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 28.87% 125.103 15 Modelo:Cita_libro"," 11.57% 50.142 1 Modelo:Sen_referencias"," 10.95% 47.437 1 Modelo:País_desaparecido"," 10.53% 45.644 1 Modelo:Ifsubst"," 9.67% 41.914 1 Modelo:Ambox"," 5.84% 25.317 1 Modelo:1000"," 5.41% 23.431 1 Modelo:Imperios"," 5.17% 22.410 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.219","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4238871,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190403151412","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":115,"wgHostname":"mw1245"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Contact us Navigation menu Navigation menuLeave a Reply Cancel reply Post navigationRecent PostsRecent CommentsArchivesCategoriesMeta

Farafra Inhaltsverzeichnis Geschichte | Badr-Museum Farafra | Nationalpark Weiße Wüste (as-Sahra al-baida) | Literatur | Weblinks | Navigationsmenü27° 3′ N, 27° 58′ OCommons: Farafra

Tórshavn Kliima | Partnerstääden | Luke uk diar | Nawigatsjuun62° 1′ N, 6° 46′ W62° 1′ 0″ N, 6° 46′ 0″ WWMOTórshavn